skip to Main Content

Obxectivo do proxecto

O proxecto de “Rehabilitación e transformación do entorno urbano da Gran Vía” enmárcase dentro da EDUSI VigoVertical englobando 6 liñas de actuación dentro dos obxectivos temáticos 4 e 6 (“Favorecer a transición a unha economía baixa en carbono en tódolos sectores” e “Conservar e protexer o medio ambiente e promover a eficiencia dos recursos”, respectivamente).

Actuacións a levar a cabo

As actuacións a desenvolver inclúen a incorporación de elementos de transporte mecánico que favorezan a mobilidade peonil nun entorno urbano con gran desnivel, favorecendo o desprazamento de persoas con dificultades de mobilidade ao mesmo tempo que se fomentan transportes máis limpos e se crean rutas de carácter histórico e cultural.

Ao mesmo tempo, realizarase unha reordenación e regulación do viario urbano que potenciará tamén o uso do transporte público, peonil e ciclista reducindo os índices de contaminación ambiental e acústica.

Ao anterior hai que engadirlle a mellora da eficiencia enerxética a través da implantación de medidas que permitan reducir o índice de fugas co conseguinte aforro de consumo de auga e a instalación de elementos de captación de enerxía solar para autoabastecemento.

Illas no Bulevar

No bulevar distínguense 2 illas, cada unha delas ten unha lonxitude diferente. En cada illa inclúese algún elemento que caracteriza e singulariza cada ámbito. A través do mobiliario, do arborizado e da cuberta de estrutura metálica prodúcese unha unificación de toda a actuación.
En las zonas onde se localizan as plataformas, dispóñese unha cuberta a dúas augas mediante unha estrutura metálica.
Ambas illas contan cunha abundante vexetación que caracteriza cada espazo.

Encabezado: Illa 1: Entre a Rúa Venezuela e a Rúa Ecuador

Encabezado: Illa 2: Entre a Rúa Ecuador e a Rúa Brasil-María Berdiales

Lonxitude 70 m

Lonxitude 135 m
Suprímese o paso transversal da R/Paraguay con Luís Braille, potenciando o percorrido peonil continuo sen cruces

Consta de 3 plataformas mecánicas en sentido ascendente con diferentes lonxitudes, dúas delas atópanse localizadas nos extremos, cunha lonxitude de 13,86 e 9,60m respectivamente, e na parte central localízase outra plataforma cunha lonxitude de 29,75m. Na zona central disponse unha área estancial con mesas e cadeiras e unha pantalla en cuberta.

Nesta zona tamén se dispón dun panel informativo wifi, que interactúa co móbil.

Consta de 3 plataformas mecánicas, as situadas nos extremos teñen unha lonxitude de 48 e 40m, mentres que ea central ten unha lonxitude de 22m. Na parte central disponse unha fonte ornamental. A ambos lados desta zona central créanse áreas estanciais, dispoñendo nunha delas unha estrutura axardinada vertical.

Disponse de árbores que “rompen” a estrutura de vidro de peche da cuberta, xerando un espazo singular e un illamento dos espazo estanciais da zona de circulación dos vehículos. Na outra área disponse un elemento ornamental con forma de buguina, que emite música ambiental. Ao comezo da actuación se disponse unha escultura de fundición cun remate en pintura para intemperie.

Encabezado: Illa 1: Entre a Rúa Venezuela e a Rúa Ecuador

Lonxitude 70 m

Consta de 3 plataformas mecánicas en sentido ascendente con diferentes lonxitudes, dúas delas atópanse localizadas nos extremos, cunha lonxitude de 13,86 y 9,60m respectivamente, e na parte central localízase outra plataforma cunha lonxitude de 29,75m. Na zona central  disponse unha área estancial con mesas y cadeiras e unha pantalla en cuberta.

Nesta zona tamén se dispón dun panel informativo wifi, que interactúa co móbil.

Encabezado: Illa 2: Entre a Rúa Ecuador e a Rúa Brasil-María Berdiales

Lonxitude 135 m
Suprímese o paso transversal da R/Paraguay con Luís Braille, potenciando o percorrido peonil continuo sen cruces.
Consta de 3 plataformas mecánicas, as situadas nos extremos teñen unha lonxitude de 48 e 40m, mentras que a central ten unha lonxitude de 22m. Na parte central disponse dunha fonte ornamental. A ambos lados desta zona central créanse áreas estanciais, dispoñendo nunha delas unha estrutura axardinada vertical.

Disponse de árbores que “rompen” a estrutura de vidro de peche da cuberta, creando un espazo singular e un illamento dos espazos estanciais da zona de circulación dos vehículos. Na outra área disponse un elemento ornamental con forma de buguina, que emite música ambiental. Ao comezo da actuación disponse unha escultura de fundición cun remate en pintura para intemperie.

Estratexia de Desenvolvemento Urbano Sostible e Integrado

Rehabilitación e Transformación do Entorno Urbano da Gran Vía

As Estratexias de Desenvolvemento Urbano Sostible e Integrado (EDUSI), cofinanciadas a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), son o resultado de implementar a Estratexia Europa 2020 no ámbito urbano e buscan facer fronte aos retos de carácter social, económico, demográfico e medioambiental no mesmo.

Neste marco, o Concello de Vigo aprobou a EDUSI VigoVertical froito dun traballo dirixido á consecución de tres prioridades clave: un crecemento intelixente, empregando os recursos dixitais e as novas tecnoloxías para obter servizos para a cidadanía máis eficientes; un crecemento sostible, cunha economía dinámica, competitiva e concienciada co medio ambiente; e un crecemento integrador, de cara a unha plena cohesión social, fomentando a accesibilidade e a rexeneración física e social.

Para lograr ditas metas, a EDUSI VigoVertical aséntase sobre os catro obxectivos temáticos establecidos polo FEDER e ten como obxectivos primordiais:

  1. Favorecer a implantación das TICs en tódolos ámbitos municipais.
  2. Impulsar estratexias que permitan diminuír a pegada de carbono.
  3. Poñer en valor o patrimonio turístico e mellorar a condición ambiental do centro da cidade.
  4. Mellorar a situación socio-económica e a calidade de vida das persoas.

Estes obxectivos fanse efectivos a través de 21 liñas de actuación que supoñen o marco no que se desenvolven os proxectos que farán realidade a estratexia.

Mapa Proyectos
Back To Top