Descripción
Mantense o trazado existente delimitado polas vivendas, renovando o pavimento e colocando unhas plataformas mecánicas no bulevar central. Tanto en beirarrúas como en bulevar, plantarase abundante vexetación, así como se vai instalar unha cuberta metálica provista dun peche de vidro no paseo central.
Executaranse foxos para o soterramento dos servizos afectados, e o deseño da rede de pluviais, para realizar unha rede separativa de saneamento.
Para elo demólese o pavimento existente na maior parte do ámbito e volverase a pavimentar a calzada e as beirarrúas. Estas beirarrúas van estar provistas de baldosa de formigón de dimensións 1,20×0,40 m. Desde o comezo ao final do ámbito renóvase a rede de abastecemento, a rede de iluminado con novas luminarias, a rede de saneamento e realizarase unha rede separativa de pluviais.
Desprazarase a rede de telecomunicacións e a rede de electricidade existente, que se ve afectada pola instalación das plataformas mecánicas.